A lectura do manifesto de Manuel Rivas NON terá aforo limitado

A lectura do Manifesto do Día Mundial da Poesía, co que Manuel Rivas abrirá o próximo domingo 21 de marzo ás sete da tarde o festival Alguén que respira! desde o balcón do Teatro Principal de Compostela, non terá aforo limitado. Toda a Rúa Nova, onde se atopa o teatro, será o auditorio para o que falará Rivas, no que é o primeiro acto libre do festival desde hai dous anos. Haberá que gardar, iso si, as distancias protocolarias contra a covid-19, e por suposto os asistentes deberán levar mascarilla. Alén destas normas, poderán acodir á lectura do manifesto, titulado Manifesto da des-extinción, as persoas que o desexen.

Para o recital posterior, no que participan as grandes promesas da poesía ibérica nas súas distintas linguas, si será necesario contar con entrada, xa que o aforo do Teatro principal establece un aforo máximo de 65 persoas. No recital, baixo o lema + ou – 21 [anos], participarán Iago González, Maria Ferreira, Martín Bidaur, Maria Isern, Belén Senín e Mario Obrero.

Nesta cuarta edición, o festival Alguén que respira! celébrase en catro datas ao longo do ano, coincindo cos equinoccios e os solsticios. O programa dos eventos posteriores será comunicado oportunamente para adaptalo ás normas sanitarias que se establezan contra a pandemia.


 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará