“e se agora fose / o momento de acuñar a moeda / dun tempo futuro / e non houbera nada capaz de imprimir / un trazo de inocencia un átomo / de espada felicidade / para que boca fermentamos / a dolorosa uva para que vento / prememos coas nosas mans o sol?“. Estes versos escribiuno Eva Veiga e aparecen no libro do festival Alguén que respira!, que terá lugar en Compostela os dçias 21 e 22 de setembro. Os versos forman parte das prezadas achegas inéditas que ofrece o libro, como as de Elvira Ribeiro ou Andrea Nunes.
Eva Veiga (ombre, Pontedeume, 1961) é unha das poetas que conseguiu construir non só un proxecto literario senón tamén unha voz poética en acción. Xunto aos músicos Fito ares e Bernardo Martínez e o pintor Alfonso Costa forma parte do grupo Ouriol, co que realiza recitais e espectáculos multidisciplinares dende o ano 2000. Asemade, como actriz, intervén nos filmes A cicatriz branca e Nación da directora Margarita Ledo. Entre os seus poemarios figuran Fuxidíos (1993) e A distancia do tambor (2014). No ano 2020, publicou con Baldo Ramos Quérote canto, polo que recibiron o Losada Diéguez á creación literaria.
Elvira Ribeiro Tobío (Cunchido, Cerponzóns, 1971) asomouse á poesía galega ao raiar o século XXI e desde entón sigue fiel á súa vocación de axitadora de conciencias e de corpos. En 2005 publicou o seu primeiro libro individual, Andar ao leu, a partir do cal desenvolveu unha traxectoria interdisciplinar e apaixonada, con títulos como Arxilosa (2005), Palabras brancas (2008), Biografía da Multitude (xunto con Silvia Penas, 2009), carnia haikai (2012), corpos transitivos (2013), As redes de Inés (2014), Maruja Mallo (2017), Welcome to Sing Sing (2017), Ola!, son un bicho bóla! (2019) ou Mar de mazá (2020).
Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) constrúe unha poesía vinculada ao activismo feminista, cunha clara aposta pola diversidade sexual e corporal. Asegura que cada vez se sente máis consciente dos seus privilexios como persoa cis, euro-branca e continúa –engane– “descolonizando” o seu pensamento e as súas relacións. Corrente de esquecemento (2007) foi o seu primeiro libro, ao que seguiu Todas as mulleres que fun, un dos grandes éxitos editoriais do ano 2011. O seu último poemario, Diáspora do amor balea, escrito canda María Rosendo, gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2017.